Textos e manuscritos

A clasificación establecida por Afonso X para os xograres na Declaratio deixou unha fonda pegada na propia tradición manuscrita da lírica galego-portuguesa. Como xa se indicou anteriormente, os apógrafos renacentistas revelan que no seu modelo existía unha antoloxía de xograres galegos, denominada así en función da procedencia xeográfica de moitos dos autores que a integran e da súa condición social (Oliveira 1994: 199-205). O curioso é que esta compilación (Tavani 1969: 172-174) arranca cunha rúbrica codicolóxica que di o seguinte: En esta folha adeante se comenzan as cantigas d’amor. Primeiro trobador Bernal de Bonavalle (B, f. 225v, col. a). Se os poetas reunidos na devandita colectánea estaban todos “marcados” socialmente por seren xograres, o feito de que a rúbrica apenas citada os cualifique de “trobadores” parece encontrar unha explicación razoable se se postula que o compilador que a concibiu tivo presente as pautas que Afonso X dera no ditame dirixido a Riquier, no que, como xa se precisou, dispuxera que só se podía considerar trobadores a aqueles xograres que manexaban con mestría a arte versificadora e musical (Oliveira (1995: 44-45) e que, polo tanto, eran dignos de ser acollidos nas cortes ao ocupar o grupo superior da “xograría”. Esta hipótese ten as súas consecuencias na datación dese florilexio, que, a pesar de que se anexou á tradición manuscrita nunha época tardía, debeu de fraguarse ao fío da autorizada Declaratio. Probablemente, foi a integración dos textos xograrescos nos cancioneiros a partir do último cuarto do s. XIII o que explica que, ao final das cantigas de amor dos xograres galegos, se agreguen dous textos doutro xograr que durante un tempo estivo activo na corte portuguesa de don Denis: Johan, morador en Leon (B1117, V713). Este descoñecido autor (que, segundo os textos conservados nos códices, non cultivou a ‘cantiga de santuario’) é, sen dúbida, o que ofrece unha cronoloxía máis recente de todo o grupo, como se deduce do pranto que dirixe ao propio don Denis tras a súa morte (7 de xaneiro de 1325).

Se ben hai xograres para os que os códices conservan cantigas dos tres xéneros maioritarios ou, polo menos, de dous, para outros só transmiten cantigas de amigo e, en concreto, cantigas de santuario. Non é doado precisar as razóns que están por detrás de tal escolla, xa que esta podería obedecer tanto a causas estritamente materiais como a un criterio de selección efectuado por algún compilador interesado só en recoller textos daquela modalidade poética. Esta última posibilidade albíscase particularmente na serie textual que abrangue desde Golparro (B1266, V872) a Johan de Requeixo (B1293, V898). O único texto que se atopa desprazado deste sector é a famosa cantiga de Mendiño (B852, V438). Explicar a colocación de Seia m’eu na ermida de san Simion nos cancioneiros é unha cuestión complexa. Malia que, en primeira instancia, poderíase pensar que o texto non formou parte da “antoloxía de xograres galegos” e que, polo tanto, o seu traslado aos manuscritos correu a cargo dun compilador distinto, o certo é que os datos cos que contamos non son concluíntes. A cantiga está colocada na primitiva sección das cantigas de amigo, mais xusto despois dunha zona na que só se reproducen textos de autores nobres, polo que a súa inserción nese lugar non deixa de resultar sospeitosa. Por outra parte, o poema xorde ao final do primitivo sector de amigo, precisamente na zona en que comezan a copiarse textos doutros xéneros. Así,  despois de Mendinho, os cancioneiros transcriben cantigas de amor de Afonso Paez de Braga, Men Rodriguez de Briteiros e Johan Mendiz de Briteiros, e a compilación de clérigos, que mestura cantigas do rexistro amoroso e satírico. Ante esta situación material, tampouco se pode desbotar a hipótese de que o texto do xograr se acomodase no lugar actual a raíz dos problemas que se produciron no momento en que nos scriptoria se renunciou a seguir a distribución das cantigas por xéneros na organización das compilacións. Este cambio de rumbo, implementado na fase coñecida como segundo nivel de formación dos cancioneiros (finalizada ca. 1350, Oliveira 1994: 115-121 e 191-211), trouxo consigo numerosas alteracións na colocación de textos e autores, e, quizais, unha desas alteracións podería ser a causa do afastamento da cantiga de Mendiño respecto dos cantares dos restantes xograres.

Cantigas de santuario

MedDBBVTrobadorIncipitSantuario
11,10663265Airas CarpanchoPor fazer romaria, pug’en meu coraçonSantiago
136,4735336Pero ViviaezPoys nossas madres van a San SimonSan Simon de Val de Prados
6,4738339Afonso Lopez de BaianFui eu, fremosa, fazer oraçonSanta Maria das Leiras
6,5739341Afonso Lopez de BaianIr quer’oj’eu, fremosa, de coraçonSanta Maria das Leiras
6,2740342Afonso Lopez de BaianDisseron-mi ûas novas, de que m’é mui gran benSanta Maria das Leiras
*114,2843429Pai Gomez CharinhoAi Santiago, padrón sabido!Santiago (?)
98,1852438MeendinhoSedia-m’eu na ermida de San SimiónSan Simion
*14,3874458Airas NuñezA Santiagu’en romeria venSantiago
150,4940528Sancho SanchezEn outro dia, en San SalvadorSan Salvador
122,51118709Pero de BardiaSanhudo m’é meu amigu’e non seiSanta Marta
122,41119710Pero de BardiaJurava-mi o meu amigoSanta Marta
122,11120712Pero de BardiaAssanhou-s’o meu amigoSanta Marta
123,11128720Pero de VeerAi Deus, que doo que eu de mi eiSanta Maria de Julhan
123,21130722Pero de VeerA Santa Maria fiz ir meu amigoSanta Maria de Julhan
123,51131723Pero de VeerDo meu amig’, a que eu quero benSanta Maria de Julhan
*22,131138729Bernal de BonavalPois mi dizedes, amigo, ca mi queredes vós melhorBonaval
*22,191139730Bernal de BonavalSe vehess’o meu amigoBonaval
*22,71140731Bernal de BonavalDiss’a fremosa en Bonaval assyBonaval
*22,161141732Bernal de BonavalRogar-vos quer[o]-eu, mha madr’e mha senhorBonaval
77,201142734Johan ServandoQuand’eu a San Servando fui un dia d’aquiSan Servando
77,151143735Johan ServandoIr-se quer o meu amigoSan Servando
77,21144736Johan ServandoA San Servand’en oraçonSan Servando
77,31145737Johan ServandoA San Servando foi meu amigoSan Servando
77,191146738Johan ServandoOra van a San Servando donas fazer romariaSan Servando
77,41147739Johan ServandoA San Servand’, u ora van todas orarSan Servando
77,211148740Johan ServandoSe meu amig’a San Servando forSan Servando
77,171149741Johan ServandoMia madre velida, e non me guardedesSan Servando
77,221149(bis)742Johan ServandoTrist’and’eu, velida, e ben volo digoSan Servando
77,131151744Johan ServandoFui eu a San Servando por veer meu amigoSan Servando
77,121143a746Johan ServandoFilha, o que queredes benSan Servando
77,71144a747Johan ServandoDisseron-mi ca se queria irSan Servando
77,181145a748Johan ServandoO meu amigo, que me faz viverSan Servando
77,91146a749Johan ServandoDonas van a San Servando muytas oj’en romeriaSan Servando
77,161147a750Johan ServandoIr-vos queredes, amigoSan Servando
110,11200805Nuno TreezDes quando vos fostes d’aquiSan Clemenço do Mar
110,41201806Nuno TreezSan Clemenço do marSan Clemenço do Mar
110,31202807Nuno TreezNon vou eu a San Clemenço orar e faço gran razonSan Clemenço do Mar
110,21203808Nuno TreezEstava-m’en San Clemenço, u fora fazer oraçonSan Clemenço do Mar
95,71239844Martin PadrozelosGran sazon á meu amigoSan Salvador de Valongo
95,31240845Martin PadrozelosAmig’, avia queixumeSan Salvador de Valongo
95,91241846Martin PadrozelosMadr’, enviou-vo-lo meu amigoSan Salvador de Valongo
95,11242847Martin PadrozelosAi meu amigo, coitadaSan Salvador de Valongo
95,101243848Martin PadrozelosPor Deus que vos non pêsSan Salvador de Valongo
95,61245850Martin PadrozelosFostes-vos vós, mey amigo, d’aquiSan Salvador de Valongo
95,81246851Martin PadrozelosId’oj’, ai meu amigo, led’a San SalvadorSan Salvador de Valongo
86,101253858Lopo, jograrPor Deus vos rogo, madre, que mi digadesSan Leuter
86,41254859Lopo, jograrDisseron-m’agora do meu namoradoSan Leuter
86,21255860Lopo, jograrAssanhou-se madr’, o que mi quer gran benSan Leuter
58,11266872GolparroMal fac’eu velida, que ora non vouSan Treeçon
65,21267873Johan de CangasEn San Mamed’u sabedesSan Mamede do Mar
65,31268874Johan de CangasFui eu, madr’, a San Mamed’u me cuideiSan Mamede do Mar
65,11269875Johan de CangasAmigo, se mi gran ben queredesSan Mamede do Mar
93,31270876Martin de GinzoComo vivo coitada, madre, por meu amigoSanta Cecilia
93,71271877Martin de GinzoSe vos prouguer, madr’, oj’este diaSanta Cecilia
93,81272878Martin de GinzoTreides, ai mia madr’, en romeriaSanta Cecilia
93,51273879Martin de GinzoNon poss’eu madre, ir a Santa CeciliaSanta Cecilia
93,21274880Martin de GinzoAi vertudes de Santa CeciliaSanta Cecilia
93,41275881Martin de GinzoNon mi digades, madre, mal, e ireiSanta Cecilia
93,61276882Martin de GinzoNunca eu vi melhor ermida, nen mais santaSanta Cecilia
*91,41279885Martin CodaxMandad’ey comigoVigo
*91,51280886Martin CodaxMia irmana fremosa, treydes comigoVigo
*91,11281887Martin CodaxAy Deus, se sab’ora meu amigoVigo
*91,31283889Martin CodaxEno sagrado, en VigoVigo
15,41285891Airas PaezQuer’ir a Santa María de ReçaSanta Maria de Reça
15,31286892Airas PaezPor vee-lo namorado que muit’á que eu non viSanta Maria de Reça
39,11288893Fernan do LagoDe ir a Santa Maria do Lagu’ei gran saborSanta Maria do Lago
67,41289894Johan de RequeixoFui eu, madr’, en romeria a Faro con meu amigoSanta Maria do Faro
67,11290895Johan de RequeixoA Far’un dia ireiSanta Maria do Faro
67,51291896Johan de RequeixoPois vós, filha, queredes mui gran benSanta Maria do Faro
67,31292897Johan de RequeixoAtender quer’eu mandado, que m’enviou meu amigoSanta Maria do Faro
67,21293898Johan de RequeixoAmiga, quen oj’ouvesseSanta Maria do Faro